A cadea de mobles MOBELRIAS, pon á súa disposición a páxina web corporativa da empresa. Recollemos aquí unha ampla mostra dos mobles que converteron a nosa cadea, nun punto de referencia no mercado. Pouco a pouco, as nosas tendas definiron un estilo propio, o que fai que moitos de vostedes nos prefiran.
Dende MOBELRIAS asegurámoslle que calidade, prezo e servizo orientan a nosa xestión, sen que ningún destes aspectos prime sobre os demais. A nosa sociedade creceu e sabemos que a súa madurez xera criterios rigorosos nos que os produtos mediocres non teñen cabida. Por iso valoramos especialmente o noso liderado no sector do moble galego, porque se debe ao aprecio global que os clientes fan sobre a nosa oferta.
Queremos darlles as grazas pola súa confianza e recordarlles que o máis importante para nos é a súa satisfacción. A certeza de que os nosos produtos son excelentes, pero os nosos servizos son superiores.